viernes, 22 de enero de 2010

As vangardas na literatura galega. Caracterización xeral

http://www.trompiletras.com/literatura/ApuntesHLG/apuntes%20HLG_12.htm

En Galicia:

- Sentimento pola pegada do saudosismo de Teixeira de Pascoaes.
- Espíritu nacionalista.
- Descuberta dos Cancioneiros.
- Publicación das revistas Alfar, Ronsel, Resol,Yunque e Cristal.

http://html.rincondelvago.com/vanguardias-de-la-literatura-gallega.html

A principios de século XX prodúcese unha renovación na literatura e na arte, partindo da ruptura total coa tradición, defende a absoluta liberdade do creador e reivindica a sua independencia e orixinalidade. Así nacen diversos movementos estéticos: cubismo, futurismo, surrealismo… que se denominan como vangardas.

Serán escritores da xeración do 25 ou novecentistas, aqueles que naceron arredor de 1900, os renoven a poesía galega e incorporen as novidades das vangardas europeas.

A súa actividade literaria difúndese nas obras respectivas que van publicando as revistas literarias que xorden nese ano como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Yunque, Papel de color… Inclúen os versos destes poetas e dan a coñecer a poetas doutro ámbito, figuras da vangarda española e mundial como Lorca, Picasso, Dali…

Os protagonistas máis destacados desta renovación son Manuel Antonio, Amado Carballo, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña.

Podemos agrupar as diversas correntes poéticas en dúas grandes liñas:

-Tradición + renovación= Neotrobadorismo, hilozoismo
Sen romper coa tradición literaria autóctona, renóvase a poesía galega mediante correntes que funden a tradición coa vangarda.
-Vangarda plena= Creacionismo.
Rompe totalmente a tradición galega e segue o camiño das literatauras europeas dea vangarda, corresponde ao creacionismo, escola poética que vai seguir en solitario por Manuel Antonio.
- Contactos con André Bretón, Paul Eluard, Borges, Unamuno, Lorca, Picasso, Dalí.


http://www.slideshare.net/mlpla/vangardas-2993227

Presentación en power point sobre as vangardas en Galiza feito polo usuario mlpla.

AS VANGARDAS EN GALIZA

As vangardas en Galiza apareceron nos anos vinte e trinta do século pasado como consecuencia dunha serie de escritores nados arredor de 1900.Estes escritores foron denominados como a xeración do 25 ou Novecentistas e a súa forma de escribir, influida principalmente polas vangardas de nova creación en Europa como o futurismo dadaísmo surrealismo ou cubismo foi o que lles deu un signo de identidade ou diferenza do resto.


A inspiración ou modelos que seguiron ós autores non está clara pero sábese con certeza que, por exemplo, Manuel Antonio mantivo contacto con Castelao na xeración NÓS e as Irmandades da fala sobre todo para tratar temas no aspecto do sentimento nacionalista que unía a ese escritores.

Os artistas diferenciáronse pola súa obra creando así vangardas ,estas eran:

Hilozoísmo: Ten como tema máis importante o medio ambiente e a natureza. Foi unha vangarda que rompeu os canons na forma pero non no seu contido. O seu máximo representante foi Luís Amado Carballo con obras como Proel e O Galo.


Neotrobadorismo: Esta vangarda é o resultado do descubremento das cantigas e a lírica medieval. Aos autores chamoulles tanto a atención que fixeron obras nese mesmo estilo. Os autores máis importantes foron Fermín Bouza Brey e Álavaro Cunqueiro con obras como Nao Senlleira e Cantiga nova que se chama riveira, respectivamente.

Creacionismo: É a vangarda que supuxo un cambio moi importante tanto na forma como no contido, o seu máximo representante foi Manuel Antonio con obras como De catro a catro, Follas de un diario de abordo e o manifesto Máis alá (publicado con Álvaro Cunqueiro) e Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu.

Outros poetas vangardistas foron Manuel Luís Acuña ou Eduardo Blanco Amor así como tamén Rafael Dieste na prosa vangardista.
               
ESQUEMA  DO TRABALLO
1º-As vangardas na literatura Galega: Caracteristicas Xerais
       Imformación optida das páxinas Web:
                   -http://html.rincondelvago.com/vanguardias-de-la-literatura-gallega.html
                   -http://www.slideshare.net/mlpla/vangardas-2993227
2º-As vangardas:
-Hilozoísmo:Luís Amado Carballo.

-Neotrobadorismo:Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro.

-Creacionismo:Manuel Antonio


 
Rompen co clásico
Espíritu nacionalista
Inspiración Vangardas Europeas

No hay comentarios:

Publicar un comentario