Concepto de lingua propia:
O concepto de lingua propia refírese a que unha lingua aínda que non sexa a única oficial nun territorio ten a calidade de pertencer a este territorio por características históricas cuns antecedentes no lugar, sociais e territoriais.
No Artigo 5 do Estatuto de Autonomía Galego considérase que a lingua propia de Galiza é o Galego, e tamén di textualmente que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do Galego en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
Consecuencias do Artigo 5:
Aínda que pareza evidente, as consecuencias deste Artigo son que os poderes públicos Galegos deberían potenciar o uso do Galego pero a política lingüística actual non o potencia senón que o reduce. Un claro exemplo son as leis que están en avance para a elección da lingua de ensino nas escolas.
Opinións:
Opinións sobre o artigo: "O galego e as liberdades" X.A. Pérez Lema, na páxina:
http://www.xornal.com/opinions/2009/09/21/Opinion/galego-liberdades/2009092121084862099.html
Neste comentario se opina que cada un debería ter o dereito de elixir con que lingua estudar, xa que algúns datos proporcionados no comentario amosan que os nenos aprenden mellor coa súa lingua materna. Neste caso a metade dos nenos galegos teñen como lingua materna o Galego e a outra metade o castelán. Neste comentario tamén se aporta que o Estatuto de Autonomía
tamén di que: " En Galiza hai dous idiomas oficiais, e que ninguén debe ser discriminado por razón da lingua"
Opinións sobre o texto de Henrique Monteagudo na páxina:
http://blogs.publico.es/dominiopublico/635/%C2%BFsalirse-de-la-lengua/
A nosa opinión:
O estatuto deixa claro que a lingua propia de Galiza e o Galego e tamén aclara que esta lingua debe ser potenciada en tódolos ambitos e se o Estatuto di iso debe cumprirse. Outra cuestión e se o Estatuto é ou non o adecuado pero mentres exista o actual debe cumprirse.
Un traballo sen pés nin cabeza. Antes de empezar a traballar cómpre saber moi ben o que se quere facer.
ResponderEliminarNo artigo 5 do Estatuto di que os galegos temos lingua propia de Galicia, a galega, e isto implica que temos o dereito de coñecela e usala. Que quere dicir isto? Como é a nosa temos o dereito de coñecela e usala, (grazas! parece obvio, pero vale hai que dicilo) pero... igual que o castelán? Non! é ten igual que o castelán que no caso desta ademais teñño o deber de coñecela. Isto é xusto? Pódese vivir perfectamente así non? Porque unha persoa castelán falante había de ter a obriga de coñecer o galego? sería unha imposición inxusta? E unha persoa que sega galego falante? É inxusto que teña a obriga de coñecer o castelán? Que pasa aquí entón? Son iguais as dúas? Son oficiais as dúas en realidade? Todos temos garantido polo Estatuto o noso dereito a vivir en galego ou en castelán? Pode ser unha obriga coñecer certas cousas para unha cominidade ou para unha sociedade concreta? Isto é xusto? ódedes poñer un exemplo de algo semellante para facer unha comparación?
Este é o tema do voso traballo. Buscar información sobre isto e opinións nun sentido e noutro, e por suposto, expresar a vosa, pero para poder facelo tedes que coñecer antes a información.. non?
-concepto de lingua propia:
http://gl.wikilingue.com/es/Lingua_propia
http://librodenotas.com/article/12715/el-concepto-de-lengua-propia
http://www.xornal.com/opinions/2009/09/21/Opinion/galego-liberdades/2009092121084862099.html
http://blogs.publico.es/dominiopublico/635/%C2%BFsalirse-de-la-lengua/
Fixádevos nos comentarios, por exemplo o de Antolín fala sobre se é xusto obrigar a coñecer o galego ou o castelán
-campaña e foro con opinións opostas sobre lingua pripia e lección de lingua no ensino:
http://www.tangallegocomoelgallego.es/index.php?option=com_fireboard&Itemid=43&func=view&catid=3&id=5971
- a mesma polémica en Cataluña:
http://www.paralalibertad.org/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=24033
Ben, está claro que tedes milleiros de páxinas en internet útiles e moita información para o voso traballo, de feito moita máis da que podedes ler. De todos os xeitos o que precisades é ler algunhas cousas para coñecer o problema, ver o que din os demais sobre este, e logo expresar a vosa opinión ao respecto.
Así de simple. Non seredes quen de facelo? Pois veña!
Ah! Eses ocos en branco no blog son para ocupar máis? A sensación que dá é que hai máis baleiros que contidos, é dicir, que representan o que non sabedes e o que non facedes. Non é serio!!!
Tedes unha semana máis.