martes, 8 de junio de 2010

Panos brancos
                    esfiañados
                                   da nebra
ouveando polos vales
                               polos soutos
                                                  i as devesas marelas
En busca dun caborco
                               ou dunha valiña outa
                                                            que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
                     rubindo e baixando
                                               á gaiola do aire
polas serras érmedas
                              e polos soutos espidos
                                                              do Nadal!


2.Localización.


Este poema é de Uxio Novoneyra, autor nacido en Parada de Moreda (1930), na serra do Courel onde viviu alí toda a súa infancia, despois trasladouse a Madrid e estivo en contacto co grupo Brais Pinto. Nos últimos anos da súa vida trasladouse a súa aldea natal, e ao final a Santiago de Compostela, onde morre en 1999. Este autor destaca principalmente coa súa obra paisaxística, aínda que tamén escribiu obras de carácter social, intimista é erótico como Muller pra lonxe, ou Tempo de elixir.
Este fragmento está incluído dentro do libro Os eidos, é un libro de poemas paisaxísticos todos eles centrados na súa terra o Courel, escrito na súa etapa en Madrid.

Esta obra foi o primeiro libro de Uxío Novoneyra publicado en 1955, escrito con só 25 anos é sendo a primeira obra da súa longa carreira.
Este autor mantivo contacto dentro da xeración das Festas Minervais con outros autores como Ferrín, Manuel María, Antón Avilés.


3.Contido.

3.1 Tema
O tema de este poema é paisaxístico, xa que describe a súa terra. O tema do poema está relacionado coa súa admiración o lugar onde naceu e o cariño que tiña cara el.

3.2 Subxénero Poético.
Igual que no tema o subxénero poético é poesía paisaxística polas mesmas razóns.

3.3 Voz Poética.
A voz poética dese texto é o propio autor xa que ninguén fala nin ninguén utiliza, ningunha persoa. Tampouco aparece ningún interlocutor. Todas estas características son típicas da poesía paisaxística.

3.4 Estrutura do contido.
Neste poema a sucesión lóxica do contido está directamente relacionado co que se quere describir, xa que empeza falando da nebra, pasando polos vales e remata polos soutos e espidos. Todo isto significa ou quere dicir que intenta expresar a descrición de maneira xeográfica intentando dar a sensación de descenso ou baixando como explicamos.
Todo isto está relacionado tamén coa estrutura da expresión xa que o poema esta estruturado de unha maneira moi gráfica que fai recordar aos poemas vangardistas.


4.Expresión.

4.1 Estrutura da expresión.
É todo unha estrofa dividida en 16 versos, sen estrutura de rima, e con diferente número de versos.

Neste poema o importante non é o numero de estrofas nin a rima, senón o que intenta transmitir coa súa colocación, intentando transmitir visualmente o perfil da montaña.

4.2 Recursos expresivos.
Neste poema pódense apreciar recursos expresivos como:

Metáforas- Están presentes durante todo o texto (Panos brancos esfiañados de nebra).Xa que intenta transmitir a forma plástica a través das imaxes.

Építetos- Consiste en engadir adxetivos que caracterizan ao sustantivo para vanagloriar a alguén ou a algo. Ex: Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire.

Elipses- Consiste na supresión dalgún termo da oración que se sobrenténdese polo contexto. Ex: ouveando polos vales polos soutos.


5.Conclusión.

5.1 Síntese:
Como síntese deste poema podemos resaltar que foi escrito por Uxío Novoneyra autor de mediados do século XX e que é un poema paisaxístico sen complicacións no contido pero cunha estrutura moi curiosa que recorda aos poemas vangardistas xa que intenta a través da localización dos verso transmitir sensacións.


5.2 Valoración.
Este poema pareceunos que tiña unha comprensión normal, é dicir nin fácil nin difícil, xa que o contido é sinxelo pero algún vocabulario é difícil de entender.
Por outra banda gustounos a expresión ou forma de dispoñer os versos xa que é diferente é innovadora pero o contido pareceunos un pouco trivial(aínda que sexa normal ao ser un poema paisaxístico).

viernes, 12 de febrero de 2010

Comentario de Texto Manuel Antonio

Ao reverso da noite

Ronseis Infecundos: é o reflexo da lúa no mar que fai como camiños. O d infecundos é pola visión pesimista do autor é como se dixese que son improdutivos, inutiles... q non valen d nada. É unha descrición da noite, todo é simbolismo negativo como o seu estado de ánimo só ao final hai algo de optimismo cando sae o sol



Localización:
Contido: O poema transmite o que sente o autor mediante  as suas  métaforas profundas que chegan a reflexar o seu estado de animo no que se aprecia a simple vista, tamen ai que reparar que se trata dun poema descrctivo, pero a visión pesimista de Manuel Antonio deixa a e sua paisaxe é na súa liña, pesimista e deprimente.
Estructura:

PARTES DO COMENTARIO DE TEXTO (explicación)



1.- Primeira lectura do texto.

Ronseis infecundos: Ronsel- Rastro que deixa o barco na mar.
                               Infecundos- Estériles/ Improdutivos.
Mentres sonea a mareta: Mareta- Movimiento das ondas calmado.
Irredentos velames exhaustos: Irredentos- Presos
                                              Exhaustos- Cansos/ Sen forzas.
Ensumiuse nunha bágoa: Ensumiuse- Resumirse/ Transformarse

2.- Segunda lectura do texto.

II.- Situación.

1.- Situación do texto na obra á que pertence.
O poema pertence a Manuel Antonio, na última etapa (Regreso)do seu único libro, de Catro a catro publicado en 1928. Único libro que publica en vida formado por dezanove poemas e consta de tres etapas: Partida-Aventura-Regreso.


2.- Situación do obra no seu autor.
De Catro a catro é o único escrito en verso de Manuel Antonio, está formado por dezanove poemas recompilados nun só libro. Éste foi o único publicado en vida por Manuel Antonio.


3.- Situación do autor no seu tempo.
Manuel Antonio é a figura principal da vangarda galega xa que foi o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25. A suá característica principal é fundamentalmente a ruptura coa tradición galega á que considera excesivamente continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento (Rosalia, Pondal e Curros).


III.- Contido.


1.- Argumento.
Fala das estrelas que reflicten á súa luz no mar, da lúa que deixa un rastro de luz ao lado do barco aínda que o seu rastro non era produtivo. Tamén fala do son das ondas do mar e as velas rozando entre sí por causa do vento. As velas estaban presas e cansas resignadas a seguir empurrando o barco. As estrelas marcaban o paso monótono do tempo. E o amencer desaparecerán as estrelas e a lua e con elas se ira toda a noite e tódolos pensamentos negativos.

2.- Tema.
Trata da visión pesimista da vida que transmite o autor.

3.- Estrutura.
Está estruturado en dúas partes:
-A primeira parte dende o verso 1 ao verso 11, xa que aquí presenta a súa visión pesimista con tódalas descriciones negativas do poema.
-A segunda parte dende o verso 12 ao 13, a última estrofa, xa que despois de todo o negativo e pesimista que presenta na primeira parte, esta última amosa un anaco de optimismo.




IV.- Expresión.


1.- Estrutura.
Non hai rima xa que estamos a falar dun poema vangardista, máis exactamente do Creacionismo, e sobre todo Manuel Antonio caracterizábase por ser o poeta máis innovador da Xeración do 25.

Análise da estrutura do texto dende o punto de vista da expresión. Por exemplo, se é un poema, o tipo de estrofa, de versos, a rima, a métrica... Se fose un texto narrativo tamén se pode analizar o tipo de parrágrafos, de oracións, a sintaxe... Se é dramático, pois actos, escenas, anotacións, e tamén tipo de parágrafos de oracións.... É dicir todo o que teña que ver coa forma que ten o texto.

2.- Punto de vista.

Isto podería facerse antes da estrutura (depende das preferencias de cada un). En realidade afecta á expresión, pero tamén pode ter importancia no comentario do contido o punto de vista que adopte o autor. En tal caso, podedes facelo antes ou despois segundo o texto do que se trate.

IV.- Expresión.


3.- Recursos expresivos.

Isto nunca debe ser unha relación dos recursos utilizados polo autor, senón que debemos sempre interpretar a finalidade dos mesmos. Lembrade que sempre a elección que se fai entre expresar algo dunha forma ou doutra responde a unha intencion, que normalmente ten moito que ver co contido do texto. Os recursos van permitir ao autor transmitir o que quere da forma que quere, sexan feitos, sucesos, sentimentos, sensacións...



V.- Conclusión.


1.- Síntese.

Breve repaso ao máis significativo do comentario realizado, trátase de redactar un breve texto que resuma os puntos tratados, non necesaramente todos, depende do noso criterio, pero debemos lograr que dea unha idea xeral do cementario

2.- Valoración persoal.

Breve valoración persoal sobre o texto analizado. Non debe ser unha simple afirmación sobre si nos gusta ou non. Debemos facer unha exposición razoada do que valoramos positiva e negativamente e das razóns desta valoración.







viernes, 22 de enero de 2010

As vangardas na literatura galega. Caracterización xeral

http://www.trompiletras.com/literatura/ApuntesHLG/apuntes%20HLG_12.htm

En Galicia:

- Sentimento pola pegada do saudosismo de Teixeira de Pascoaes.
- Espíritu nacionalista.
- Descuberta dos Cancioneiros.
- Publicación das revistas Alfar, Ronsel, Resol,Yunque e Cristal.

http://html.rincondelvago.com/vanguardias-de-la-literatura-gallega.html

A principios de século XX prodúcese unha renovación na literatura e na arte, partindo da ruptura total coa tradición, defende a absoluta liberdade do creador e reivindica a sua independencia e orixinalidade. Así nacen diversos movementos estéticos: cubismo, futurismo, surrealismo… que se denominan como vangardas.

Serán escritores da xeración do 25 ou novecentistas, aqueles que naceron arredor de 1900, os renoven a poesía galega e incorporen as novidades das vangardas europeas.

A súa actividade literaria difúndese nas obras respectivas que van publicando as revistas literarias que xorden nese ano como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Yunque, Papel de color… Inclúen os versos destes poetas e dan a coñecer a poetas doutro ámbito, figuras da vangarda española e mundial como Lorca, Picasso, Dali…

Os protagonistas máis destacados desta renovación son Manuel Antonio, Amado Carballo, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña.

Podemos agrupar as diversas correntes poéticas en dúas grandes liñas:

-Tradición + renovación= Neotrobadorismo, hilozoismo
Sen romper coa tradición literaria autóctona, renóvase a poesía galega mediante correntes que funden a tradición coa vangarda.
-Vangarda plena= Creacionismo.
Rompe totalmente a tradición galega e segue o camiño das literatauras europeas dea vangarda, corresponde ao creacionismo, escola poética que vai seguir en solitario por Manuel Antonio.
- Contactos con André Bretón, Paul Eluard, Borges, Unamuno, Lorca, Picasso, Dalí.


http://www.slideshare.net/mlpla/vangardas-2993227

Presentación en power point sobre as vangardas en Galiza feito polo usuario mlpla.

AS VANGARDAS EN GALIZA

As vangardas en Galiza apareceron nos anos vinte e trinta do século pasado como consecuencia dunha serie de escritores nados arredor de 1900.Estes escritores foron denominados como a xeración do 25 ou Novecentistas e a súa forma de escribir, influida principalmente polas vangardas de nova creación en Europa como o futurismo dadaísmo surrealismo ou cubismo foi o que lles deu un signo de identidade ou diferenza do resto.


A inspiración ou modelos que seguiron ós autores non está clara pero sábese con certeza que, por exemplo, Manuel Antonio mantivo contacto con Castelao na xeración NÓS e as Irmandades da fala sobre todo para tratar temas no aspecto do sentimento nacionalista que unía a ese escritores.

Os artistas diferenciáronse pola súa obra creando así vangardas ,estas eran:

Hilozoísmo: Ten como tema máis importante o medio ambiente e a natureza. Foi unha vangarda que rompeu os canons na forma pero non no seu contido. O seu máximo representante foi Luís Amado Carballo con obras como Proel e O Galo.


Neotrobadorismo: Esta vangarda é o resultado do descubremento das cantigas e a lírica medieval. Aos autores chamoulles tanto a atención que fixeron obras nese mesmo estilo. Os autores máis importantes foron Fermín Bouza Brey e Álavaro Cunqueiro con obras como Nao Senlleira e Cantiga nova que se chama riveira, respectivamente.

Creacionismo: É a vangarda que supuxo un cambio moi importante tanto na forma como no contido, o seu máximo representante foi Manuel Antonio con obras como De catro a catro, Follas de un diario de abordo e o manifesto Máis alá (publicado con Álvaro Cunqueiro) e Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu.

Outros poetas vangardistas foron Manuel Luís Acuña ou Eduardo Blanco Amor así como tamén Rafael Dieste na prosa vangardista.
               
ESQUEMA  DO TRABALLO
1º-As vangardas na literatura Galega: Caracteristicas Xerais
       Imformación optida das páxinas Web:
                   -http://html.rincondelvago.com/vanguardias-de-la-literatura-gallega.html
                   -http://www.slideshare.net/mlpla/vangardas-2993227
2º-As vangardas:
-Hilozoísmo:Luís Amado Carballo.

-Neotrobadorismo:Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro.

-Creacionismo:Manuel Antonio


 
Rompen co clásico
Espíritu nacionalista
Inspiración Vangardas Europeas