viernes, 30 de octubre de 2009

Estatuto de Autonomía. Art. 5 Concepto de lingua propia.

O artigo 5 do Estatuto de Autonomía Galego.



Concepto de lingua propia:

O concepto de lingua propia refírese a que unha lingua aínda que non sexa a única oficial nun territorio ten a calidade de pertencer a este territorio por características históricas cuns antecedentes no lugar, sociais e territoriais.
No Artigo 5 do Estatuto de Autonomía Galego considérase que a lingua propia de Galiza é o Galego, e tamén di textualmente que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do Galego en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

Consecuencias do Artigo 5:

Aínda que pareza evidente, as consecuencias deste Artigo son que os poderes públicos Galegos deberían potenciar o uso do Galego pero a política lingüística actual non o potencia senón que o reduce. Un claro exemplo son as leis que están en avance para a elección da lingua de ensino nas escolas.

Opinións:

Opinións sobre o artigo: "O galego e as liberdades" X.A. Pérez Lema, na páxina:
http://www.xornal.com/opinions/2009/09/21/Opinion/galego-liberdades/2009092121084862099.html

Neste comentario se opina que cada un debería ter o dereito de elixir con que lingua estudar, xa que algúns datos proporcionados no comentario amosan que os nenos aprenden mellor coa súa lingua materna. Neste caso a metade dos nenos galegos teñen como lingua materna o Galego e a outra metade o castelán. Neste comentario tamén se aporta que o Estatuto de Autonomía
tamén di que: " En Galiza hai dous idiomas oficiais, e que ninguén debe ser discriminado por razón da lingua"

Opinións sobre o texto de Henrique Monteagudo na páxina:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/635/%C2%BFsalirse-de-la-lengua/

A nosa opinión:

O estatuto deixa claro que a lingua propia de Galiza e o Galego e tamén aclara que esta lingua debe ser potenciada en tódolos ambitos e se o Estatuto di iso debe cumprirse. Outra cuestión e se o Estatuto é ou non o adecuado pero mentres exista o actual debe cumprirse.

viernes, 9 de octubre de 2009

Pluralidade lingüística. Alba Martínez Guldrís

A lingua holandesa ou neerlandés, é a lingua oficial dos Países Baixos, onde é a lingua nativa da maior parte da poboación. A lingua holandesa é a lingua da educación para moitos holandeses e belgas que non teñen o holandés como a súa lingua materna.
Convive co holandés, o frisón occidental. Aínda que está directamente emparentado co frisón oriental e o que se fala en Alemania, presenta importantes diferencias entre eles.
O baixo saxón, dialectamente estenso e variado, o falan un millón e medio de residentes, a maioría dos cales viven en zonas rurales. O baixo saxón está fortemente emparentado co plattdeustch ou tamén chamado baixo alemán, que se pode oir en pequenas comunidades.
Non podía faltar o romaní-sinte e a súa derivación dialectal, o manouche, falado por uns mil xitanos dunha poboación de 8.000. O romaní-valaco, máis estendido que o romaní-sinte por todo o mundo, é coñecido por outros mil xitanos holandeses.

jueves, 8 de octubre de 2009

Pluralidade Lingüistica.Brais García Fernández

Suíza é un país plurilingüe onde existen catro linguas oficiais e diversos dialectos.

Falando das linguas oficiais por orden de maior a menor número de falantes son: Alemán (que é a lingua maioritaria) e fálase no norte no este e no centro do país, tamén está o Francés que existe no oeste do país, o Italiano que é unha lingua minoritaria xunto co Romanche que tamén está minorizada, estas dúas últimas teñen un número de falantes moi reducido.


Os dialectos son o Alemán- Suízo o Franco provenzal e o Tesinés que é un dialecto Lombardo.