Panos brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
En busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos espidos
do Nadal!
2.Localización.
Este poema é de Uxio Novoneyra, autor nacido en Parada de Moreda (1930), na serra do Courel onde viviu alí toda a súa infancia, despois trasladouse a Madrid e estivo en contacto co grupo Brais Pinto. Nos últimos anos da súa vida trasladouse a súa aldea natal, e ao final a Santiago de Compostela, onde morre en 1999. Este autor destaca principalmente coa súa obra paisaxística, aínda que tamén escribiu obras de carácter social, intimista é erótico como Muller pra lonxe, ou Tempo de elixir.
Este fragmento está incluído dentro do libro Os eidos, é un libro de poemas paisaxísticos todos eles centrados na súa terra o Courel, escrito na súa etapa en Madrid.
Esta obra foi o primeiro libro de Uxío Novoneyra publicado en 1955, escrito con só 25 anos é sendo a primeira obra da súa longa carreira.
Este autor mantivo contacto dentro da xeración das Festas Minervais con outros autores como Ferrín, Manuel María, Antón Avilés.
3.Contido.
3.1 Tema
O tema de este poema é paisaxístico, xa que describe a súa terra. O tema do poema está relacionado coa súa admiración o lugar onde naceu e o cariño que tiña cara el.
3.2 Subxénero Poético.
Igual que no tema o subxénero poético é poesía paisaxística polas mesmas razóns.
3.3 Voz Poética.
A voz poética dese texto é o propio autor xa que ninguén fala nin ninguén utiliza, ningunha persoa. Tampouco aparece ningún interlocutor. Todas estas características son típicas da poesía paisaxística.
3.4 Estrutura do contido.
Neste poema a sucesión lóxica do contido está directamente relacionado co que se quere describir, xa que empeza falando da nebra, pasando polos vales e remata polos soutos e espidos. Todo isto significa ou quere dicir que intenta expresar a descrición de maneira xeográfica intentando dar a sensación de descenso ou baixando como explicamos.
Todo isto está relacionado tamén coa estrutura da expresión xa que o poema esta estruturado de unha maneira moi gráfica que fai recordar aos poemas vangardistas.
4.Expresión.
4.1 Estrutura da expresión.
É todo unha estrofa dividida en 16 versos, sen estrutura de rima, e con diferente número de versos.
Neste poema o importante non é o numero de estrofas nin a rima, senón o que intenta transmitir coa súa colocación, intentando transmitir visualmente o perfil da montaña.
4.2 Recursos expresivos.
Neste poema pódense apreciar recursos expresivos como:
Metáforas- Están presentes durante todo o texto (Panos brancos esfiañados de nebra).Xa que intenta transmitir a forma plástica a través das imaxes.
Építetos- Consiste en engadir adxetivos que caracterizan ao sustantivo para vanagloriar a alguén ou a algo. Ex: Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire.
Elipses- Consiste na supresión dalgún termo da oración que se sobrenténdese polo contexto. Ex: ouveando polos vales polos soutos.
5.Conclusión.
5.1 Síntese:
Como síntese deste poema podemos resaltar que foi escrito por Uxío Novoneyra autor de mediados do século XX e que é un poema paisaxístico sen complicacións no contido pero cunha estrutura moi curiosa que recorda aos poemas vangardistas xa que intenta a través da localización dos verso transmitir sensacións.
5.2 Valoración.
Este poema pareceunos que tiña unha comprensión normal, é dicir nin fácil nin difícil, xa que o contido é sinxelo pero algún vocabulario é difícil de entender.
Por outra banda gustounos a expresión ou forma de dispoñer os versos xa que é diferente é innovadora pero o contido pareceunos un pouco trivial(aínda que sexa normal ao ser un poema paisaxístico).
martes, 8 de junio de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)